SERVINSERTA

SERVINSERTA nace como centro especial de emprego co obxectivo de ofrecer unha oportunidade de emprego a persoas con discapacidade, mediante unha actividade produtiva.

Deste xeito, realízase unha abordaxe integral na atención á persoa co obxectivo principal da mellora da empregabilidade e a inserción laboral das persoas con discapacidade mediante formación e asesoramento individualizados e personalizados.

Para cada participante realízase un plan de acción que xira sobre os intereses individuais da persoa e as necesidades da contorna empresarial:

  • Capacitación e desenvolvemento de competencias
  • Orientación
  • Apoio postlaboral