Contratar a Empresas de Inserción, Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social, Centros Ocupacionais, Asociacións e Fundacións implica un beneficio social e económico garantido: proporcionar traballo e facilitar a inclusión social a persoas con discapacidade ou con outros problemas de riesco de exclusión.
Mediante contratos públicos reservados.
Os contratos reservados permiten restrinxir a participación nun contrato público exclusivamente a determinados tipos de entidades: Empresas de Inserción, Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social, Centros Ocupacionais, asociacións, fundacións y entidades de economía social.
A través de contratos públicos non reservados, pero con cláusulas sociais.
En calquera licitación cabe establecer obligacións ou criterios de valoración que faciliten a contratación de entidades sociais e promovan o emprego de persoas en situación ou risco de exclusión, como son as persoas con discapacidade.
Cunha compra e un consumo privado responsable.
Tanto as empresas como a cidadanía podemos exercer a nosa responsabilidade contratando a Empresas de Inserción, Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social, Centros Ocupacionais, asociacións, fundacións e entidades de economía social.
+067
NOVOS POSTOS
+180
USUARIOS
+016
EMPRESAS CONTRATADORAS