Contratación privada responsable
Contratación privada responsable

Responsabilidade Social das Empresas

Moitas empresas privadas xa aplican políticas de responsabilidade social dando traballo a persoas con discapacidade e a outras que por diversas circunstancias tamén sofren ou están en risco de exclusión social. Estas empresas demostran o seu compromiso co emprego inclusivo e a igualdade de oportunidades, e fano así:

  1. Contratando servizos e comprando produtos de Empresas de Inserción e de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social.
  2. Subcontratando a Empresas de Inserción e Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social para a execución dos contratos públicos.
  3. Contratando a Centros Ocupacionais para tarefas auxiliares.
  4. Cumprindo a obriga de emplear a un 2% de persoas con discapacidade (no caso de ser empresas con máis de 50 traballadores).
  5. A través dalgunha das medidas alternativas da Lei Xeral de Discapacidade:
  • Constituíndo un enclave laboral cun Centro Especial de Emprego.
  • Mediante doazóns a entidades sen ánimo de lucro que teñan como obxecto a integración social de persoas con discapacidade.
  1. Empregando, aínda que non teñan obriga legal, a persoas con discapacidade e a outras que, por diferentes circunstancias tamén sofren ou están en risco de exclusión social.

+067

NOVOS POSTOS

+180

USUARIOS

+016

EMPRESAS CONTRATADORAS