Definición
Os Centros Ocupacionais procuran servizos de acompañamento, formación ocupacional, prelaboral e apoio a persoas maiores de 16 anos que, debido á súa discapacidade, non poden acceder a un emprego ordinario ou protexido.
Os Centros Ocupacionais non son un recurso de emprego e non establecen relacións laborais coas persoas usuarias. O seu obxectivo principal é a terapia ocupacional, consistente en actividades non produtivas.
O seu obxectivo é que as persoas usuarias con diversidade funcional melloren a súa formación e capacitación ocupacional coa finalidade de conseguir a súa inclusión laboral e social. A través deste servizo trátase de dar resposta ás necesidades das persoas usuarias e das súas familias, normalizando o acceso ao mercado de traballo e xerando unha maior confianza e autoestima.
As actividades encamiñadas á consecución destes obxectivos divídense en varias áreas: talleres ocupacionais, accións formativas, actividades de autonomía persoal e do fomento das relacións sociais, práctica deportiva, así como programas de ocio e tempo libre.
Datos
A Consellería de Política Social informa na súa web de que están rexistrados e autorizados en Galicia 75 Centros Ocupacionais.
Regulación
Real Decreto 2274/1985, de 4 de decembro, polo que se regulan os Centros Ocupacionais.
En Galicia, están contemplados na Orde de 18 de agosto de 2000 pola que se aproba o Estatuto básico dos centros de servizos sociais da Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos
- O número de prazas dos centros ocupacionais non debe superar as 80 nin ser inferior a 15, podendo establecerse un número maior ou menor de prazas cando as necesidades da zona o aconsellen, configurándose en sistema modular.
- Acreditar a viabilidad técnica do proxecto, en función das instalacións, equipamento e organización axeitados.
- Contar co persoal técnico e de apoio, en posesión das titulacións profesionais axeitadas, que as actividades do centro proxectado precisen.
Persoas destinatarias
Persoas en idade laboral cun grao de discapacidade recoñecido mínimo do 33% que non poidan integrarse nunha empresa ordinaria ou nun Centro Especial de Emprego.
Deben dispoñer dunha resolución motivada dun equipo multiprofesional sobre a necesidade de integración nun Centro Ocupacional por non ser posible nunha Empresa de Inserción ou nun Centro Especial de Emprego.
Ubicaciones
+067
NOVOS POSTOS
+180
USUARIOS
+016
EMPRESAS CONTRATADORAS