2. Análise Práctica e Preguntas Frecuentes.
2.1. Contratos Reservados para Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e Empresas de Inserción
- 1. Regulación.
- 2. Que entidades poden resultar beneficiarias?
- 3. Pero non se restrinxe a libre competencia?
- 4. Cal é a finalidade dos contratos reservados?
- 5. Acordo obrigatorio sobre reserva de mercado: canto e que?
- 6. Que contratos se poden reservar? Cales son os límites?
- 7. Idoneidade: existen CEEIS e EIS no sector de actividade do obxecto do contrato?
- 8. Idoneidade: atención á subrogación das persoas traballadoras.
- 9. Contrato reservado ou lote reservado?
- 10. Reserva para un tipo ou outro de entidades ou para ambas.
- 11. Favorecer aos CEEIS que dan traballo a persoas con discapacidade.
- 12. Anuncio de licitación.
- 13. Restrición da participación.
- 14. Comprobación e verificación dos CEEIS.
- 15. Aspectos económicos.
- 16. Eliminación de garantía definitiva.
- 17. Garantir o cumprimento.
1. Regulación.
A Lei de Contratos do Sector Público establece unha primera opción de contratos reservados para dúas únicas entidades: Centros Especiais de Emprego de iniciativa social (CEEIS) e Empresas de Inserción Sociolaboral (EIS).
A súa regulación atopase na disposición adicional 4ª desta norma.
Disposición adicional cuarta. Contratos reservadosVer disposición adicional cuarta.
2. Que entidades poden resultar beneficiarias?
Unha vez que o órgano de contratación califique unha licitación como reservada conforme á disposición adicional 4ª da LCSP17, só poderán participar na licitación, resultar adxudicatarias, ou ser contratadas ambas categorías de empresas:
1. Empresas de Inserción rexistradas e habilitadas conforme á Lei 44/2007, de 13 de decembro, para a Regulación do Réxime das Empresas de Inserción ou conforme á súa regulación autonómica correspondente, que no caso de Galicia é o Decreto 156/2007, de 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a calificación das empresas de inserción laboral, crease o seu rexistro administrativo e establecense as medidas para o fomento da inserción sociolaboral.
Trátase de empresas cuxo obxectivo é facilitar a inclusión sociolaboral de persoas desfavorecidas a través dun período de acompañamento, formación e emprego nunha estrutura mercantil de carácter non lucrativo. E polo menos entre o 30% e o 50% da súa plantilla debe estar formada por persoas en situación o risco de exclusión social.
2. Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social regulados conforme á Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e da súa Inclusión Social, aprobada mediante Real Decreto Lexislativo 1/2013, de 29 de novembro; calificados e rexistrados conforme ao Real Decreto 2273/1985, e no caso da Comunidade Autónoma de Galicia conforme ao Decreto 200/2005, de 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamento.
Son empresas que, ademais de produciren bens ou prestaren servizos, teñen como obxectivo a inserción laboral de persoas con discapacidade, dispoñendo dos servizos de axuste persoal e social requiridos. Polo menos un 70 % do seu persoal debe estar composto por traballadores e traballadoras con discapacidade igual ou superior a un 33 %.
Cabe advertir que soamente aqueles centros especiais de emprego que sexan de iniciativa social poden participar e resultar adxudicatarios dunha licitación reservada. Esta cuestión será abordada máis adiante con todo detalle.
De maneira engadida nesta páxina e a través deste proxecto, avogaremos por realizar unha acción positiva para favorecer de maneira especial a aqueles centros especiais de emprego de iniciativa social que empregan persoas con discapacidade superior ao 65 %.
3. Pero non se restrinxe a libre competencia?
Por suposto que non; trátase dunha figura absolutamente legal e expresamente regulada na lexislación nacional e comunitaria de contratos públicos.
De feito, os contratos reservados están regulados e habilitados na normativa comunitaria dende o ano 2004 e na lexislación nacional dende o ano 2007. Ademais, ao tratarse dunha excepción ao principio de libre concorrencia, explicítase no artigo 132 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público:
Artigo 132. Principios de igualdade, transparencia e libre competencia.pdf
4. Cal é a finalidade dos contratos reservados?
Para comprender esta excepción hai que explicar que a lexislación comunitaria e nacional sobre contratos públicos asumiu e regulou dúas realidades que explican o fundamento e a finalidade dos contratos reservados.
Ditas realidades son:
• Que non todas as empresas proporcionan a mesma calidade no emprego, na atención e na contratación das persoas desfavorecidas nin cumpren cos obxectivos da Estratexia Europea 2020 como, por exemplo, a cohesión social, o desenvolvemento local ou a igualdade entre mulleres e homes.
• E que na adxudicación de contratos públicos non todos os sectores de actividade e obxectos contractuais poden ser considerados de igual modo. Por isto se establecen sistemas especiais de adxudicación no caso de contratos de servizos sociais, culturais e de saúde (disposición adicional 48ª da Lei de Contratos do Sector Público).
En consecuencia, a tipoloxía xurídica das empresas, os seus sistemas de propiedade e participación, a composición do seu persoal ou os seus obxectivos sociais e fins fundacionais deben terse en conta na adxudicación e execución dos contratos públicos. Esta é a razón de ser dos contratos reservados.
Polo seu valor referencial merece a pena citar o fundamento que realiza a Directiva 2014/24/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de febreiro de 2014 no seu punto 36, sobre contratación pública respecto ao valor engadido da tipoloxía de entidades que estamos analizando e en relación coa necesidade, importancia e legalidade dos contratos reservados:.
5. Acordo obrigatorio sobre reserva de mercado. Canto e que?
A disposición adicional 4ª establece de maneira imperativa que todas as entidades do sector público están obrigadas a fixar unha porcentaxe mínima dos seus contratos públicos, que deberán calificar como reservados, para ser adxudicados a Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e Empresas de Inserción:
Disposición adicional 4ª. Contratos Reservados
Mediante Acordo do Consello de Ministros ou do órgano competente no ámbito das Comunidades Autónomas e das Entidades Locais, fixaranse porcentaxes mínimas de reserva do dereito a participar nos procedementos de adxudicación de determinados contratos ou de determinados lotes dos mesmos a Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e a Empresas de Inserción.
Esta obligatoriedade existe dende a aprobación da Lei 31/2015, de 9 de setembro, cuxo artigo 4 modificou a disposición adicional 5ª do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro (TRLCSP).
Dende entón (ano 2015), a reserva e o seu sinalamento mínimo é preceptivo. O sorprendente é que sete anos despois a porcentaxe de adopción deste acordo sexa mínima (un 3% a nivel nacional) e que aínda haxa moitas administracións públicas, sobre todo locais, que non dispoñan do mesmo.
En consecuencia, cabe esixir a todas as administracións públicas que aínda non adoptaron un acordo que fixe, aprobe e publique cal será a porcentaxe mínima de contratos que reservarán para CEEIS e EIS. En caso contrario, calquera concello ou entidade pública que non o faga estará incumprindo unha obriga legal.
Que porcentaxe e sobre que?
A disposición adicional 4ª xa indica a porcentaxe aplicable á Administración Xeral do Estado, pero as comunidades autónomas e as entidades locais poden acordar libremente a porcentaxe do volume de contratación que van reservar e como facelo. Isto adoita materializarse nunha destas tres opcións:
• Unha porcentaxe exclusivamente sobre determinados obxectos contractuais (códigos CPV). Neste caso, a porcentaxe é máis elevada xa que se aplica respecto a un volume inferior de contratos públicos.
• Un volume económico determinado, que se aproba dunha soa vez a través dun acordo plenario ou que se actualiza anualmente a través dos orzamentos ou as bases de execución orzamentarias.
Por exemplo, a Comunidade Autónoma de Galicia adoptou o seu propio acordo a través da Lei 14/2013, de 26 de decembro, de Racionalización do Sector Público Autonómico, cuxo artigo 26.3 fixa a porcentaxe de reserva:
Outro exemplo encontrámolo no Concello de A Coruña, en cuxa Instrución sobre Contratación Pública Estratéxica se fixa a porcentaxe de contratos reservados no 5% sobre o importe global anual de contratación, advírtase a diferenza en relación coa porcentaxe da Xunta, que unicamente se aplica sobre unha parte pequena da contratación: os contratos menores e os abertos simplificados).
Instrución sobre Contratación Pública Estratéxica
Modelo de acordo.
Posto que a lexislación de contratos obriga a adoptar un acordo e, non obstante, o grao de cumprimento polas administracións públicas de Galicia é moi baixo, imos propoñer dous modelos de acordo co obxectivo de que concellos e deputacións adopten os seus respectivos e preceptivos acordos.
Enlazamos en primeiro lugar o modelo de acordo de COSITAL, o Colexio de Secretarios, Interventores-Tesoureiros e Secretarios-Interventores da Administración Local da provincia de Valencia. Paga a pena poñer en valor o seu contido e destacar a súa fonte (o propio persoal xurídico das entidades locais).
Igualmente, propoñemos un modelo de acordo descargable e en Word, para ser utilizado e adaptado por aquelas administracións públicas que o estimen conveniente.
Materialización da reserva.
Non se debe confundir o acordo —é dicir, o compromiso que adquire a Administración pública fixando unha porcentaxe mínima de contratos que se cualificarán como reservados— coa materialización efectiva desa reserva, que consiste na cualificación propiamente dita dun contrato como reservado.
E se non existe previamente un acordo, é legal reservar un contrato?
Si, por suposto. Calquera Administración pública pode cualificar e licitar un contrato como reservado, aínda que non adoptase o acordo sobre a porcentaxe mínima.
Ao respecto, resulta de interese extractar dous parágrafos do Informe 19/2018, de 17 de xullo, da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Comunidade Autónoma de Aragón:
Así, ningunha dúbida cabe da posibilidade de que os órganos de contratación das entidades locais acorden especificamente, ao aprobar o expediente, reservar contratos ou lotes aínda que o órgano local competente adoptase ou non o acordo xenérico de reserva.
Resultaría de todo contraditorio que, sendo obxectivo esencial desta disposición adicional garantir un mínimo de reservas de contratos ou lotes, a omisión ou emisión deste acordo xenérico ademais lles impedise aos órganos de contratación realizar reservas de concretos contratos ou lotes.
6. Que contratos se poden reservar? Cales son os límites?
Non existe ningún límite. A través da disposición adicional cuarta da LCSP17 pódese reservar calquera contrato para empresas de inserción e centros especiais de emprego de iniciativa social.
Tamén o establece o artigo 26.2 sobre contratos reservados da Lei 14/2013 que regula os contratos reservados no sector público autonómico de Galicia:
Lei 14/2013, 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico.
Será susceptible de reserva calquera obxecto contratual, sector de actividade, procedemento de adxudicación e contía. A consellería con competencias en materia de economía social poñerá a disposición dos órganos de contratación a información que posúa sobre a existencia de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social ou Empresas de Inserción que realicen ou se dediquen á actividade obxecto do contrato, co fin de facilitar, no seu caso, a súa calificación como reservado.
E valla tamén como referencia a Resolución nº 67/2018 do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia:
Por outro lado, da lectura desa disposición adicional cuarta tamén observamos que esta reserva é concibida de forma non restritiva, pois expresamente na mesma non se recollen excepcións cara a determinados tipos de contrato, contía, procedementos de adxudicación.
En consecuencia, pode cualificarse como reservado calquera contrato de obras, de concesión de obra pública, de servizos, de xestión de servizos públicos, de subministración, de colaboración do sector público e privado e os administrativos especiais.
Pódese reservar un procedemento aberto, restrinxido ou negociado, un contrato menor ou un acordo marco.
Pódese cualificar como reservado calquera obxecto contractual.
Pode reservarse un contrato de oitocentos euros ou de oito millóns de euros.
7. Idoneidade: existen CEEIS e EIS no sector de actividade do obxecto do contrato?
Unha das cuestións fundamentais que determinan a idoneidade de calificar ou non un contrato como reservado é que existan EIS e CEEIS que operen no sector de actividade específico do obxecto do contrato e que ademais dispoñan da capacidade adecuada para a súa correcta prestación.
Ao respecto é preciso desterrar un prexuízo sobre a calidade destas entidades e deixar claro que son organizacións empresariais absolutamente competitivas en precio e calidade; que operan en múltiples sectores de actividade; que contan con extensas traxectorias; e que posúen os medios humanos e técnicos necesarios para a adeuada execución dos contratos.
Nesta páxina web habilitouse de maneira específica un directorio de produtos e servizos para poder acceder ao listado de Empresas de Inserción e Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social que operan en Galicia nas diversas actividades produtivas. Desta forma, calquera Administración Pública poderá comprobar se o obxecto do contrato que quere licitar resulta axeitado para ser calificado como reservado.
8. Idoneidade: atención á subrogación das persoas traballadoras.
O deber de subrogar aos traballadores e ás traballadoras dunha empresa que estaba prestando un contrato público ten dúas derivadas en materia de contratos reservados:
Contrato reservado no que hai que subrogar ao persoal dunha empresa ordinaria.
Neste caso, unha empresa ordinarios (é dicir, que non conta con persoas con discapacidade nin con outros problemas de risco de exclusión) presta o servizo, pero ao finalizar ese contrato non reservado e realizarse unha nova licitación, a Administración Pública formúlase a opción de que o contrato sexa agora reservado.
Que ocorre entón?
O normal é que haxa un conflito de intereses: para empregar persoas con discapacidade ou en risco de exclusión hai que despedir as persoas que estaban traballando para a empresa ordinaria?; e unha problemática legal: é procedente despedir o persoal ou existe o deber legal de subrogalo?
Dende o punto de vista xurídico déronse varios casos nos que a empresa entrante pretendeu non subrogar ao persoal e aplicar o Convenio Colectivo Xeral de Centros e Servizos de Atención a Persoas con Discapacidade. Con todo, a xurisprudencia do Tribunal Supremo na súa Sentenza da Sala do Social do 21 de outubro de 2010 manifestou de maneira rotunda que hai que subrogar o persoal.
Este suposto é só aplicable naqueles casos nos que o convenio colectivo establece o dereito e o deber da subrogación do persoal, un dereito (para o persoal) e un deber (para a empresa entrante).
Así mesmo, hai que aclarar que estes casos só se dan cos CEEIS, xa que as EIS réxense polos convenios colectivos sectoriais de cada actividade produtiva.
Contrato que prestaba unha EI ou un CEEI e sae de novo a licitación sen ser reservado.
Neste suposto, un CEEI ou unha EI ten adxudicado un contrato público (reservado ou non) e, unha vez finalizado o período contractual, a Administración Pública decide realizar unha nova licitación, esta vez non reservada, recaendo finalmente a adxudicación nunha empresa ordinaria.
Pero a pregunta é se a empresa entrante ten o deber de subrogar os traballadores e as traballadoras (que neste caso si teñen discapacidade ou sufren outras situacións de exclusión social).
A resposta a dita cuestión é dispar para os CEEIS e para as EI e está contestada no artigo 130.2 da Lei de Contratos do Sector Público:
Artigo 130.2 da Lei de Contratos
Polo tanto, se a empresa que viña prestando o servizo era un Centro Especial de Emprego (polo que empregaba a persoas con dsicapacidade) si existe a obriga de subrogar ao persoal.
Pero non ocorre o mesmo se se trataba dunha Empresa de Inserción (onde os empregados e as empregadas non teñen discapacidade, se non outros problemas que lle pon en situación ou risco de exclusión social), xa que non ten o dereito legal de que o seu persoal sexa subrogado.
9. Contrato reservado ou lote reservado?
A Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, indica na súa disposición adicional cuarta que se fixarán porcentaxes mínimas de reserva do dereito a participar nos procedementos de adxudicación de determinados contratos ou de determinados lotes destes. Ademais, no seu artigo 99, refírese expresamente á posibilidade de establecer lotes e reservalos, o que abre vías moi interesantes para aplicar cunha maior facilidade e nun maior número de licitacións a figura dos contratos reservados.
Enténdese por lote calquera prestación do contrato que poida fraccionarse en unidades funcionais, cuantitativas ou xeográficas ou que sexa susceptible de división naquelas partes que poidan utilizarse, prestarse ou executarse por separado.
O artigo 99.3 da LCSP17 establece como norma xeral que os contratos públicos se dividirán en lotes ou, do contrario, «deberase xustificar debidamente no expediente» o motivo polo que non hai lotes. Este precepto reitera ademais o establecido na disposición adicional cuarta, indicando que se poderán reservar lotes dos contratos, é dicir, non reservar a totalidade do contrato, pero si unha parte deste.
Dividir o contrato en lotes amplía as opcións de calificación dos contratos como reservados e, dado o seu interese, imos resumir os aspectos máis destacados do artigo 99:
- Establecer lotes supón a regra xeral e non a excepción.
- O órgano de contratación determina o número e o tamaño dos lotes.
- É legal limitar o número de lotes aos que pode presentarse unha mesma empresa.
- É legal limitar o número de lotes dos que pode resultar adxudicataria unha empresa.
- As esixencias de solvencia económico-financieira e técnico-profesional deben adaptarse ao tamaño e orzamento dos lotes, o que facilita o acceso á contratación pública.
Dividir o contrato en lotes amplía de modo considerable a posibilidade de reservar contratos aos Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e ás Empresas de Inserción.
Poñamos como exemplo que unha Administración pública quere adxudicar o contrato de limpeza dos seus inmobles (un total de oito edificios). Neste caso, se se licita un único contrato, os CEEIS e as EI teñen poucas posibilidades (ou ningunha) fronte ás grandes empresas e, incluso, pode que carezan dos medios necesarios, da solvencia técnica ou financeira. Pero se a Administración divide este contrato en oito lotes e se cualifican un ou varios deles como reservados, estamos garantindo que as EI e os CEEIS serán adxudicatarios deses lotes.
É dicir, que se poden establecer lotes respecto de calquera aspecto da prestación contractual susceptible de ser dividida. Imos agora describir diferentes opcións de lotes reservados:
- Lotes cuantitativos: dividindo un contrato en lotes por importes. Por exemplo, nun contrato de copistería ou lavandería resérvase un importe ou unha porcentaxe para CEEIS e EIS.
- Lotes xeográficos: imaxinemos que unha deputación licita un contrato de limpeza de montes; neste caso pode dividilo en lotes por comarcas ou vales e reservar un ou varios para CEEIS e EIS.
- Lotes por prestacións: poñamos o exemplo dun contrato para a organización dun evento; a Administración pode fraccionalo en lotes e reservar o lote de limpeza, ou de cátering, ou o de imprenta. Se se trata dun contrato de recollida de residuos, tamén se podería dividir en lotes e reservar a prestación de recollida da roupa usada ou do aceite doméstico.
Mostramos a continuación algúns exemplos de lotes reservados a Empresas de Inserción e Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social:
10. Reserva para un tipo ou outro de entidades, ou para ambas.
A unha licitación reservada só poden concorrer e resultar adxudicatarias as empresas de inserción (que empregan persoas en situación ou risco de exclusión social) e os centros especiais de emprego de iniciativa social (que empregan persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %).
Pero en moitas ocasións formúlase a cuestión de se é legal reservar un contrato exclusivamente para centros especiais de emprego de iniciativa social (CEEIS) ou exclusivamente para empresas de inserción (EIS), non para ambas. Ao respecto, hai que dicir que a posibilidade de reservar un contrato só para EIS ou só para CEEIS é plenamente legal e ímolo argumentar coas seguintes referencias:
A propia lexislación de contratos
A disposición adicional cuarta non indica se é posible reservar só para EIS ou só para CEEIS, pero o artigo 99.4 sinala que se poderán reservar lotes «para centros especiais de emprego ou para empresas de inserción». E subliñamos ese «ou» de forma que se destaque esta habilitación expresa.
Artigo 99. Obxecto do contrato
Poderá reservar algún ou algúns dos lotes para Centros Especiais de Emprego ou para Empresas de Inserción, ou unha porcentaxe mínima de reserva da execución destes contratos no marco de programas de emprego protexido, de conformidade co disposto na Disposición adicional cuarta.
Os Tribunais de Contratos Públicos pronunicáronse en sentido favorable.
O Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade de Madrid na súa Resolución nº 191/2021, de 29 de abril indica literalmente: «A disposición adicional cuarta da LCSP non obriga a abrir a licitación conxuntamente a centros especiais de emprego de iniciativa social e empresas de inserción».
Tamén o establece o Tribunal Administrativo de Contratos Públicos de Canarias (Resolución n.º 80/2021, de 17 de marzo.) Extracto literal: «Correspóndelle ao órgano de contratación a facultade de determinar que licitacións reserva ás empresas de inserción ou aos centros especiais de emprego, coa única limitación de que o obxecto destas sexa compatible coa reserva a favor desta».
Algunhas administracións públicas regulárono de forma expresa:
A Lei foral 2/2018, do 13 de abril, de contratos públicos de Navarra regulouno de forma explícita:
O Concello de Barcelona, na súa Instrucción municipal de regulación de la contratación reservada, analiza os obxectivos sociais diferenciados de ambas as entidades e os distintos perfís de persoas que se contratan e, en consecuencia, permite reservar só a EIS ou só a CEEIS cando se motive adecuadamente.
Reserva específica a un tipus d’entitat
E o Goberno das Illas Baleares, no seu recente Acordo do Consello de Goberno de 3 de xaneiro de 2022 tamén establece directrices para a inclusión de cláusulas de carácter social, laboral e medioambiental. Nese mesmo acordo indica que a reserva debe establecerse de forma obrigatoria para unha soa das tipoloxías de entidades:
Acordo do Consello de Goberno de 3 de xaneiro de 2022
A modo de conclusión: reservar un contrato ou o lote dun contrato exclusivamente para Empresas de Inserción ou só para Centros Especiais de Emprego de iniciativa social é plenamente legal e xustifícase cando:
- O obxecto do contrato resulta máis apropiado para ser prestado polo perfil de persoas con discapacidade ou polo de persoas en situación ou risco de exclusión social.
- Só unha tipoloxía destas entidades opera no sector de actividade da prestación contractual.
- As necesidades ou os plans estratéxicos de emprego e inserción sociolaboral da Administración pública contratante establezan como prioritario o emprego de determinados colectivos.
E como exemplo mostramos dous pregos, do Concello de Vigo e da Xunta de Galicia, que no primeiro caso se reserva exclusivamente para empresas de inserción e no segundo para centros especiais de emprego.
11. Favorecer aos Centros Especiais de Emprego que dan traballo a persoas con discapacidade.
É habitual dende as Administracións Públicas ou dende as propias entidades potencialmente benficiarias, cuestionarse se se pode reservar un contrato só para aqueles Centros Especiais de Emprego cuxo persoal está composto na súa maioría por persoas con enfermidade mental, discapacidade psíquica ou discapacidade severa (igual ou superior ao 65%).
Cegasal, a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social, recorda que o índice de emprego das persoas cos perfís mencionados anteriormente é do 16,9 %, o máis baixo dentro do ámbito da discapacidade, cuxa taxa de emprego xeral se sitúa no 26,7 %; mentres que a taxa de emprego en España é do 64,3 % para as persoas sen discapacidade, segundo se recolle no informe do Instituto Nacional de Estatística no seu informe do ano 2019.
Os Centros Especiais de Emprego que lles dan traballo a persoas cos tipos de discapacidade mencionados presentan unha menor produtividade laboral e maiores custos e investimentos debido, principalmente, á adaptación dos postos de traballo e á ratio de persoas educadoras, formadoras ou de acompañamento laboral.
No apartado anterior analizamos que cabe reservar un contrato exclusivamente para unha soa das dúas entidades beneficiarias que se indican na disposición adicional cuarta (EIS ou CEEIS). Non obstante, aínda que si se poden reservar contratos só a CEEIS (que dan traballo a persoas cun 33 % ou máis de discapacidade), non é posible reservalos exclusivamente para aqueles CEEIS que empregan persoas cunha discapacidade superior ao 65 %.
A pesar desta imposibilidade, sen dúbida se trata dunha demanda absolutamente lexítima por parte das entidades sociais, así como dunha práctica absolutamente loable por parte das administracións públicas o favorecer estes centros especiais de emprego. Por iso propoñemos aplicar diferentes cláusulas sociais, sempre, por suposto, dentro do marco vixente da lexislación de contratos públicos:
1. Establecer no obxecto do contrato unha referencia á inclusión social e á inserción laboral de persoas con discapacidade.
A incorporación no obxecto do contrato dunha alusión explícita á inclusión social de persoas con discapacidade psíquica constitúe unha opción legal expresamente prevista no artigo 99.1 LCSP:
Artigo 99. Obxecto do contrato.
E como argumentación engadida cabe aludir ao Informe 16/2015, de 4 de novembro, da Xunta Consultiva de Contratación da Comunidade Autónoma de Aragón:
Posibilidade de incorporar aspectos sociais na definición do obxecto dos contratos
No recorte do prego de abaixo cabe constatar como as necesidades a satisfacer e o que se quere contratar non está só conformado pola subministración dun catering, senón que o obxecto da prestación, explicitado no obxecto e no título do contrato é “a integración social de persoas con enfermidade mental”.
Prego de Condicións Particulares
2. Establecer un requisito de solvencia técnica.
A solvencia técnica ou profesional configúrase como un requisito necesario para participar nunha licitación e implica unha análise de aptitude que determina se as empresas que queren participar posúen a capacitación, o equipo humano, a experiencia ou a traxectoria adecuados para executar debidamente o contrato.
A análise de solvencia realizase con carácter previo á avaliación das propostas e é decisiva para a admisión ou non da empresa á licitación.
O artigo 74 da Lei de contratos do sector público refírese, en termos xerais, á solvencia técnica, pero no ámbito concreto dos servizos sociais interésannos moi particularmente dous preceptos específicos da LCSP: o artigo 90.3, que establece a posibilidade de esixir unha solvencia técnica de tipo social para os contratos de servizos; e o artigo 65.1, que indica que se poderán requirir requisitos relativos á súa organización ou incluso ao destino dos seus beneficios.
Artigo 90. Solvencia técnica ou profesional dos contratos de servizos
Artigo 65. Condicións de aptitude
A aplicación de ambos os preceptos ao suposto que abordamos é directa: se o órgano de contratación decide que é importante a inserción sociolaboral de persoas con discapacidade con especiais dificultades, resulta absolutamente coherente que na solvencia técnica se lles esixa ás empresas e ás entidades concorrentes que contan cun cadro de persoal composto nunha porcentaxe determinada por persoas con eses perfís, así como que dispoñan da experiencia, a traxectoria, o coñecemento específico e o equipo humano adecuados para facilitar a súa inclusión social e a súa inserción sociolaboral.
Mostramos un exemplo de solvencia técnica aplicable co seguinte prego, referente ao equipo de persoas con discapacidade:
E a solvencia tamén pode referirse ao persoal de apoio, como observamos no seguinte prego:
3. Establecer un criterio de adxudicación que valore a contratación de persoas con discapacidade.
Os criterios de adxudicación determinan que empresa resultará adxudicataria, polo que a súa importancia é capital.
A LCSP establece que os criterios de adxudicación deben atender á mellor relación calidade-precio e «poderán incluír aspectos medioambientais ou sociais vinculados ao obxecto do contrato». Ademais, o artigo 145.2 incorpora unha extensa relación de criterios sociais susceptibles de ser valorados e fai mencións expresas á posibilidade de valorar (e establecer como criterio de adxudicación) a contratación e o fomento do emprego de persoas con discapacidade.
Artigo 145. Requisitos e clases de criterios de adxudicación do contrato
Polo tanto, valorar a contratación de persoas con discapacidade para a execución do contrato é plenamente legal grazas ao artigo 145 da LCSP17 con carácter xeral, pero ademais debemos ter en conta os preceptos específicos referidos aos servizos sociais sinalados na disposición adicional cuadraxésima sétima:
Disposición adicional cuadraxésima sétima
Como proposta de posibles criterios de adxudicación propoñense os seguintes:
12. Anuncio de licitación.
Entre as particularidades que deben terse en conta na tramitación dun contrato reservado está o advertilo expresamente no anuncio de licitación e mencionar a súa regulación específica. Así o indica o apartado 2 da disposición adicional 4ª da Lei 9/2017, de contratos do sector público:
Disposición adicional cuarta. Contratos reservados.
Anuncio licitación Concello Santiago
13. Restrición da participación.
Non cabe dúbida de que a principal característica dos contratos reservados é que se restrinxe o dereito a participar exclusivamente a dous tipos de entidades: as Empresas de Inserción e os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social.
Esta restrición debe materializarse nos pregos e verificarse de maneira efectiva no procedemento de licitación, para o cal imos expoñer as claves de forma pautada:
1. En primeiro lugar, deberase establecer que se restrinxe o dereito a participar na licitación a CEEIS e EIS.
Se analizamos distintas licitacións descubriremos que este requisito se sinala en diferentes apartados: na capacidade de obrar; na aptitude para contratar; na acreditación da personalidade xurídica; na solvencia técnica ou profesional; ou na acreditación da habilitación profesional. Que se indique nun sitio ou noutro non é relevante e depende do modelo de pregos que utiliza cada Administración Pública.
Si cabe advertir que, no caso de que varias empresas concorran en forma de unión temporal de empresas (UTE), todas as entidades que conforman a mesa deberán reunir a condición de ser empresa de inserción ou Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social. En caso contrario, desvirtuaríase este requisito fundamental.
2. En segundo lugar, tense que requirir no propio prego que se acredite de maneira efectiva a condición de Empresa de Inserción ou de Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social.
O sistema máis obxectivo de acreditalo é mediante a súa cualificación como tal e a súa inscrición nun rexistro autonómico. É importante que a admisión á licitación non se realice cunha simple declaración responsable, senón comprobando de maneira efectiva a documentación das empresas e a súa condición como Empresa de Inserción ou Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social, así como a súa inscrición no rexistro correspondente
3. En terceiro lugar, a Mesa de Contratación deberá analizar a documentación de dita aptitude para continuar co procedemento de licitación.
Tamén se deberá acordar a inadmisión á licitación da empresa licitadora no caso de que non se acredite debidamente esa condición e/ou non se achegue certificación acreditativa da súa inscrición no rexistro de EIS ou CEEIS; ou daraselle un prazo para achegar esa documentación, transcorrido o cal sen a efectiva achega acordarase a exclusión desa empresa no proceso de licitación.
A conclusión é que, antes de proceder á adxudicación definitiva e de formalizar o contrato, é obrigatorio verificar de maneira efectiva que a empresa adxudicataria dun contrato público posúe a calificación e está rexistrada como Empresa de Inserción ou como Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social.
Como exemplo de acreditación do sistema de capacitación mostramos no seguinte prego da Xunta de Galicia:
Exemplo de acreditación do sistema de capacitación prego Xunta de Galicia
14. Comprobación e verificación dos Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social.
Os Centros Especiais de Emprego poden constituírse baixo a figura xurídica que estimen oportuno (cooperativa, sociedade anónima ou limitada, fundación, asociación etc.). Ademais, poden ter ánimo de lucro ou carecer do mesmo. Por último, poden estar promovidos e participados no seu capital por entidades ou empresas con ou sen ánimo de lucro.
Non obstante, unicamente aqueles que sexan de iniciativa social poden participar na licitación dun contrato reservado. Trátase dunha limitación establecida a partir da entrada en vigor da Lei 9/2017, de contratos do sector público, que á súa vez modificou o artigo 43.4 do Real Decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e a súa inclusión social.
E os seus requisitos regúlanse na disposición final decimocuarta da LCSP:
Polo tanto, resulta preceptivo que a participación en contratos reservados se limite aos Centros Especiais de Emprego que sexan de iniciativa social, cuxa condición esixe:
- Carecer de ánimo de lucro e reinvestir todos os beneficios obtidos na propia actividade ou nas persoas con discapacidade.
- Estar promovido e participado en máis dun 50 % por unha entidade, pública ou privada, que tamén careza de ánimo de lucro ou ben por unha sociedade mercantil cuxo capital maioritario sexa dunha entidade sen ánimo de lucro.
Estes novos requisitos foron obxecto de diversos recursos por aqueles Centros Especiais de Emprego que non son de iniciativa social, xa que non poden participar nin resultar adxudicatarios dunha licitación reservada. Non obstante, son unánimes os pronunciamentos que avalan a transposición efectuada na disposición adicional 4ª e que lle outorgan plena legalidade á restrición dos contratos reservados só para Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social. Basta citar:
- Resolucións 860/2018, 914/2018, 237/2020 e 440/2020 do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais.
- Resolucións 266/2018, 202/2018, 195/2018, 196/2018, 197/2018, 198/2018 e 199/2018 do Tribunal Catalán de Contratos do Sector Público.
- Resolucións 100/2018 y 130/2018, 35/2019, 172/2021, 5/2022 do Órgano Administrativo de recursos contractuais da Comunidade Autónoma de Euskadi (OARC).
- Informe 4/2020 de 18 da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa de Canarias.
- Informe 15/2020, de 27 de noviembre, da Xunta Consultiva de Contratación Administrativa da Generalitat de Catalunya.
Estas resolucións determinan o seguinte:
- «A limitación dos contratos reservados exclusivamente a aqueles CEE que sexan de iniciativa social é plenamente respectuosa e conforme co espírito e o teor da directiva.»
- «O requisito de que estes CEE han de ser de iniciativa social redunda na protección das políticas a prol da integración e o dereito ao traballo das persoas con discapacidade.»
- «O criterio reiteradamente sostido é que a disposición adicional cuarta da LCSP17 é conforme co dereito da UE e, en particular, co artigo 20 da Directiva 2014/24/UE, que se traspón ao noso ordenamento.»
O carpetazo definitivo á legalidade de limitar os contratos reservados aos CEE de iniciativa social veu dado a través da SENTENZA DO TRIBUNAL DE XUSTIZA DA UNIÓN EUROPEA (Sala Quinta), de 6 de outubro de 2021, no asunto C‑598/19. O fallo establece que «a Directiva 2014/24 non se opón a que un Estado membro impoña requisitos adicionais aos enunciados en dita disposición, excluíndo así dos procedementos de adxudicación de contratos públicos reservados a determinados operadores económicos que cumplan os requisitos establecidos en dita disposición». |
A efectiva comprobación.
Polo tanto, a característica de iniciativa social conforma unha condición de aptitude con pleno refrendo legal e xurisprudencial. Sen embargo, o problema estriba en como acreditar e verificar que un Centro Especial de Emprego reúne efectivamente a condición de iniciativa social.
A cuestión resolveríase cun rexistro público de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social, pero non todas as comunidades autónomas dispoñen do mesmo.
No caso de Galicia, o procedemento de calificación e inscrición como Centro Especial de Emprego esixe indicar e acreditar a condición de iniciativa social.
E a Consellería de Emprego e Igualdade dispón dun rexistro público grazas á cal se pode comprobar de maneira moi rápida e sinxela que un Centro Especial de Emprego é ou non de iniciativa social. Basta acceder a esta ligazón, selección a pestana “Cualificación como IS” e darlle a buscar, así listaranse todos os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social de Galicia, podendo comprobar se un licitador reúne ou non tal condición.
Como se indica no cadro superior, se subsisten dúbidas por parte do órgano de contratación, recomendamos que verifique dita cualidade e, a tal efecto, proponse requirir a documentación que se indica no cadro da esquerda.
15. Aspectos económicos.
O feito de calificar unha licitación como reservada non exclúe ter en conta os aspectos económicos e algunhas derivadas sobre o prezo. Así que, de forma breve, expoñemos as seguintes cuestións:
A ponderación razonable do prezo no baremo.
A Lei de Contratos do Sector Público non sinala en ningún momento que o custe ou o prezo de adxudicación deba ter unha ponderación mínima determinada, pese ao cal persiste en moitas administracións públicas unha tendencia que desnaturaliza a busca da mellor relación calidade-prezo ao outorgar unha importancia excesiva e desproporcionada ao prezo sobre o resto dos criterios de adxudicación.
É, por suposto, loable o esforzo dos órganos de contratación e intervención por obter o mellor importe de adxudicación e xestionar en consecuencia os orzamentos públicos de maneira racional e eficiente. Non obstante, sabemos de sobra que ninguén ofrece duros a catro pesetas e que o barato resulta, ao final, caro. Un contrato público ben executado, de calidade, cunhas condicións laborais dignas e cun valor social e ambiental engadidos é máis importante que un aforro pírrico e, en último termo, é máis eficiente, incluso en termos monetarios.
Consideración dos custos salariais a partir do convenio laboral de referencia.
A LCSP17 expresa a súa vocación responsable non só na busca de fins sociais no seu clausulado, senón que ademais promove e garante un emprego digno e de calidade ás persoas traballadoras que prestan os contratos públicos. Ao respecto, unha das referencias máis relevantes encontrámola no artigo 100.2, que esixe aos órganos de contratación incorporar ao orzamento de licitación de maneira desglosada os custes salariais a partir do convenio laboral de referencia:
Artigo 100. Orzamento base de licitación
Ollo coas fórmulas de asignación de puntos ao prezo de licitación
É habitual que pase desapercibida a fórmula de cálculo para a asignación de puntos polo prezo de licitación, pero trátase dunha cuestión transcendental e, en moitas ocasións, escóndense efectos contrarios a unha contratación pública responsable tras os algoritmos, ecuacións e campás de Gauss
A verdade é que a fórmula que utilice o órgano de contratación ten grande importancia e, en ocasións, se hai ofertas económicas moi similares asígnanse grandes diferenzas de puntos ás empresas licitadoras.
A normativa de contratos públicos non sinala cal debe ser a fórmula aplicable e nin sequera establece uns parámetros, polo que existen diversidade de fórmulas, aínda que debemos ter en conta que o artigo 146.2 da Lei 9/2017, de contratos do sector público sinala que «a elección das fórmulas se terá que xustificar no expediente».
Non obstante, a xurisprudencia si abordou en numerosas ocasións as fórmulas aplicadas e estableceu dous requisitos moi claros: que sexan lineais e que sexan proporcionais.
Polo tanto, é posible aplicar unha fórmula con parámetros de calidade e responsabilidade social. De feito, é algo co que o Tribunal de Contas está de acordo, xa que se rexeita «o emprego de fórmulas de valoración de ofertas que non gardan a debida proporción entre estas e os puntos que hai que repartir». Tamén o avala o Tribunal Administrativo de Recursos de la Comunidad de Madrid, cuya Resolución nº 173/2014, que di que «a puntuación atribuída ao prezo ou tarifa das distintas ofertas debe ser proporcional á redución do orzamento base que permite cada unha delas, para non desvirtuar o impacto deste parámetro á hora de decidir a adxudicación do contrato».
Velar polas baixas desproporcionadas ou temerarias.
Conforme o artigo 149 da Lei 9/2017, de contratos do sector público, os pregos deben sinalar con carácter previo e mediante parámetros obxectivos que ofertas se considerarán anormais ou temerarias.
Ademais, e conforme o artigo 201, débense rexeitar aquelas ofertas anormalmente baixas por non incluír no seu cálculo os custos salariais, sociais ou medioambientais derivados do dereito nacional e internacional, ou dos convenios colectivos sectoriais vixentes.
Esixencia dun límite mínimo de puntuación ás propostas técnicas.
Tamén resulta de interese articular o procedemento de adxudicación en fases, tal como establece o artigo 146.3 da LCSP: «No caso de que o procedemento de adxudicación se articule en varias fases, indicarase igualmente en cales delas se irán aplicando os distintos criterios, establecendo un límite mínimo do 50 % da puntuación no conxunto dos criterios cualitativos para continuar no proceso selectivo».
16 .Eliminación de garantía definitiva.
Conforme o apartado terceiro da disposición adicional cuarta da LCSP, non procederá esixir a garantía definitiva salvo que o órgano de contratación o considere necesario debido a motivos excepcionais e o xustifique motivadamente no expediente.
Trátase dunha medida para facilitar o acceso á contratación pública destas entidades e de evitar unha carga financeira á empresa contratista.
Disposición adicional cuarta. Contratos reservados.
Vémolo cun exemplo de contrato reservado:
17. Garantir o cumprimento.
Imos terminar coa referencia á disposición adicional cuarta da LCSP, onde se indica que as entidades locais non só deben establecer unha porcentaxe mínima dos seus contratos como reservados, senón que ademais deben establecer as condicións para garantir o seu cumprimento.
Disposición adicional cuarta. Contratos reservados
E para garantir dito cumprimento ofrecemos unha batería de boas prácticas:
1. Planificar a contratación reservada.
A LCSP17 establece no seu artigo 28.4 o deber de planificar a actividade de contratación pública e de dar a coñecer de forma anticipada dito plan, mandato que se axusta coma unha luva aos contratos reservados.
A formulación implica activar de maneira real esta planificación e identificar os contratos públicos que se licitarán no próximo exercicio ou, polo menos, aqueles máis relevantes, ben polo seu importe ou por tratarse de servizos dirixidos ás persoas. Así será posible dispoñer do tempo necesario para analizar o seu contido e características e determinar que contratos son susceptibles de ser cualificados como reservados para as EI e os CEEIS.
Como un excelente exemplo sobre esta cuestión citamos a ORDE HAP/522/2017 do Goberno de Aragón, que require de todos os poderes adxudicadores a remisión do listado de contratos que teñen previsto reservar para EI e os CEEIS.
2. Asignar e distribuír contías ou porcentaxes concretas anuais de reserva a cada área, concellería, consellería ou órgano de contratación, que deberán render contas posteriores do cumprimento
A Xunta de Castela e León posúe unha excelente política estratéxica sobre contratación reservada: acorda anualmente o importe de contratos reservados e distribúeo entre as diferentes consellerías.
Ademais, na súa páxina web inclúe unha listaxe de boas prácticas para impulsar a responsabilidade social no gasto público con exemplos aplicados de cláusulas sociais; un apartado específico de contratos reservados; a publicación dos informes de seguimento; así como diversa documentación sobre contratación pública socialmente responsable
Non en van, a Comunidade de Castela e León foi destacada como exemplo de boas prácticas na guía sobre contratación publica responsable da Comisión Europea “Making Socially Responsible Public Procurementen Work: 71 Good Practice Cases (May 2020)”. Esta publicación oficial de la Comisión Europea contén 71 casos de 27 países.
3. Elaborar e distribuír a todos os órganos de contratación directorios de todas as actividades, servizos e produtos aos que se dedican as Empresas de Inserción e os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social que operan no territorio.
Sirva de mostra a páxina de contratos reservados do Goberno de Navarra, que incorpora un buscador específico de ámbitos de actividade das Empresas de Inserción e dos Centros Especiais de Emprego que operan en cada sector, o que determina en boa medida a idoneidade do obxecto contractual para ser calificado como reservado.
4.Computar e publicar, de xeito periódico e transparente, os contratos e importes adxudicados mediante contratos reservados
Semella unha obviedade e incluso debería ser obrigatorio, non obstante, é realmente complicado coñecer o importe exacto que cada Administración pública adxudica de maneira efectiva a través de contratos reservados. Afortunadamente hai excepcións e, neste caso, como exemplo de boa práctica, paga a pena citar o Goberno de Aragón, que informa cun Excel sobre todos os contratos, importes, contías totais, empresas adxudicatarias, órganos e departamentos contratantes, obxectos do contrato etc.
https://transparencia.aragon.es/content/contratos-reservados
5. Recopilar e publicar pregos de contratos reservados.
Unha pregunta moi habitual cando o persoal técnico ou xurídico se está cuestionando se cualificar un contrato como reservado é do tipo: E isto fíxoo alguén máis? Existe algún exemplo de prego reservado?
A resposta é que existen licitacións reservadas sobre calquera obxecto contractual ou ámbito de actividade, ou case. É máis, o feito de poñer como exemplo un prego facilita moito a decisión de reservar ese contrato, así que neste sentido paga a pena citar a iniciativa de FEICAT, a Federación Catalana de Empresas de Inserción, que recompila na súa páxina web todos os pregos de contratos públicos de Cataluña:
6. Conformar comisións de traballo e seguimento nas que participen as entidades representativas das Empresas de Inserción e os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social.
Diferentes administracións públicas crearon e puxeron en marcha órganos participativos, comisións de cláusulas sociais ou de contratación responsable e observatorios da contratación pública onde participan os Centros Especiais de Emprego e as Empresas de Inserción. Desta maneira, apoian os órganos de contratación na identificación e selección de contratos idóneos para ser cualificados como reservados, sinalan aqueles lotes adecuados para ser reservados, colaboran na planificación da contratación pública reservada, propoñen medidas de apoio e de mellora continua da reserva e participan na avaliación do seu impacto.
Citamos dous exemplos en diferentes niveis da Administración pública:
- Concello de Barcelona: Decreto de Alcaldía 2016-832 polo que se aproba a creación da Comisión de Contratación Pública Responsable.
- Goberno das Illas Baleares.
7. Formar e asesorar ao persoal das administracións públicas.
Considerando o aínda escaso desenvolvemento e aplicación da contratación reservada, segue sendo necesario deseñar e realizar talleres ou xornadas de formación coa finalidade de abordar e resolver as dúbidas técnicas e xurídicas, mostrar boas prácticas, difundir materiais e sensibilizar e fomentar a implementación da contratación reservada.
É recomendable utilizar canles específicos da Administración ou que estas accións se organicen dende as propias entidades públicas, as federacións de municipios ou os colexios de secretarios e secretarias. Este é o caso do módulo formativo de DINCAT en colaboración coa Federación de Municipios Cataláns, grazas á cal se multiplica tanto a difusión como a asistencia e, como acción complementaria, ofrece un servicio de asistencia técnica e xurídica gratuíto para todos os órganos de contratación.
Tamén ofrecen asesoría gratuíta o Goberno de Navarra (que na súa páxina de contratos reservados conta coa pestana específica: ASESORÁMOSTE?); ADEIPA (Asociación de Empresas de Inserción do Principado de Asturias) e FEICAT (Federación de Empresas de Inserción de Cataluña).
2.2. Contratos Reservados para Entidades y Empresas De Economía Social
1. Concepto y regulación.
2. ¿Qué entidades pueden resultar beneficiarias?
3. ¿Se restringe la libre competencia?
4. ¿Es obligatorio reservar contratos a empresas y entidades de economía social?
5. ¿Qué contratos se pueden reservar?
6. Advertencia en el anuncio de licitación.
7. Lotes reservados.
1. Concepto e regulación.
A Lei de Contratos do Sector Público establece unha segunda opción de contratos reservados, seguramente menos coñecida e que limita a participación nas licitacións, así como a adxudicación dos contratos públicos a empresas e entidades de economía social
Trátase dunha das grandes novidades da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público e está regulada na disposición adicional cuadraxésima oitava:
2. Que entidades poden resultar beneficiarias?
Se ben a disposición adicional cuarta establece os dous tipos de emrpesas benficiarias, sinalando a súpa normativa regulatoria, non sucede o mesmo coas entidades e empresas beneficiairias da disposición adicional cuadraxésima oitava. Neste caso a Lei de Contratos do Sector Público limítase a realizar unha transcrición literal do artigo 77 da Directiva 2014/24/UE do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de febreiro de 2014, sobre Contratación Pública, que tan solo establece os requisitos:
- Que o seu obxectivo sexa a realización dunha misión de servizo público vinculada á prestación dos servizos previstos no apartado primeiro.
- Que os beneficios se reinvistan co fin de acadar o obxectivo da organización ou, no caso de que se distribúan ou redistribúan beneficios, a distribución ou redistribución deberá realizarse de acordo con criterios de participación.
- Que as estruturas de dirección ou propiedade da organización que execute o contrato se baseen na propiedade dos empregados, ou en principios de participación, ou esixan a participación dos empregados, os usuarios ou as partes interesadas.
Pero é lóxico que a directiva comunitaria non explicite cales son as tipoloxías concretas de empresas beneficiarias, posto que cada Estado membro posúe a súa propia regulación e nomenclatura. Por iso, sería conveniente que ao realizarse a transposición da directiva á normativa nacional (LCSP17) non se copiase literalmente o seu contido, senón que se adaptase ou nomease as entidades potencialmente beneficiarias da reserva conforme a disposición adicional cuadraxésimo oitava.
Observamos nun contrato reservado como se establece dita restrición:
Prego de Cláusulas Administrativas
para concretar cales son as figuras xurídicas que poden participar e resultar adxudicatarias nesta modalidade de contratos reservados, acudimos ao establecido na Lei 5/2011, de 29 de marzo, de Economía Social, a cal establece que entidades poden participar na licitación reservada da disposición adicional cuadraxésima oitava:
- As asociacións e fundacións constituídas conforme a Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, Reguladora do Dereito de Asociación; ou conforme a Lei 50/2002, do 26 de decembro, de Fundacións, sempre que estas cumpran os principios orientadores que establece a Lei 5/2011 de Economía Social.
- As cooperativas, mutualidades, sociedades laborais, Empresas de Inserción, Centros Especiais de Emprego, confrarías de pescadores e as sociedades agrarias de transformación, conforme o establecido na Lei 5/2011, do 29 de marzo, de Economía Social.
3. Vulnérase a libre competencia?
Por suposto que non, xa que existe unha habilitación expresa da lexislación de contratos públicos, tanto nacional (disposición adicional 48ª da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do Sector Público) como europea (artigo 77 da Directiva 2014/24/UE).
4. É obrigatorio reservar contratos a empresas e entidades de Economía Social?
Non. Ao contrario do que sucede cos contratos reservados a Centros Especiais de Emprego e a Empresas de Inserción, no caso desta modalidade de reserva a través da disposición adicional cuadraxésima non é obrigatorio para as administracións públicas reservar contratos.
Pero o feito de que a LCSP17 non estableza a obrigatoriedade non significa que unha Administración pública non poida establecer para si mesma unha obriga concreta de reservar contratos para empresas e entidades de economía social.
Artigo 38. Contratos reservados nos ámbitos sanitarios, sociais, culturais e educativos
5. Que contratos se poden reservar?
De novo, a diferenza entre ambas as modalidades de contratos reservados é moi notable. Conforme a disposición adicional cuarta, a reserva para Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e para Empresas de Inserción non ten ningún límite e calquera contrato é susceptible de ser reservado.
Non obstante, non se pode reservar calquera contrato para empresas e entidades de economía social, senón tan só naqueles supostos e baixo os requisitos establecidos na disposición adicional cuadraxésima oitava, que son os seguintes:
- A duración máxima do contrato que se adxudique a través desta modalidade de reserva non pode exceder de tres anos.
- A entidade de economía social non ten que ser adxudicataria do mesmo contrato e a través desta mesma modalidade de reserva nos tres anos precedentes. Advírtase que, se unha empresa ou entidade de economía social está prestando un servizo grazas a unha adxudicación reservada e finaliza a súa prestación, podería presentarse de novo á licitación sempre que esa licitación non fose novamente reservada para empresas de economía social.
- E, por último, existe unha limitación polo sector de actividade: soamente se pode reservar a licitación dos contratos de servizos de carácter social, cultural e de saúde. E nin sequera todos os contratos ou obxectos contractuais de servizos sociais, culturais e de saúde, senón exclusivamente aqueles cuxos códigos CPV figuran na listaxe do anexo IV da LCSP17
Ímonos deter nesta última cuestión, xa que soamente se poden reservar para as empresas e entidades de economía social aqueles contratos cuxos obxectos contractuais coincidan cos CPV do anexo IV.
CPV son as siglas de Common Procurement Vocabulary, é dicir, o Vocabulario Común de Contratos Públicos, que é a categorización, aprobada no ámbito europeo para definir os obxectos contractuais. Dito de modo coloquial, cada ben que pode adquirirse ou cada servizo ou obra que pode contratarse ten un CPV específico, que é a forma de homoxeneizar a nivel europeo a descrición do que se vai contratar.
O total de CPV supera o número de 9.000 e entre todos eles só poden reservarse para empresas e entidades de economía social os obxectos contractuais que figuran no Anexo IV da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público. Polo seu interese, reproducimos o Anexo IV:
6. Advertencia no anuncio de licitación.
Entre as particularidades que deben terse en conta na tramitación dun contrato reservado para empresas e entidades de Economía Social está advertilo expresamente no anuncio de licitación e mencionar a súa regulación específica. Así o indica o apartado 4 da disposición adicional 48 da Lei 9/2007, de Contratos do Sector Público.
7. Os lotes reservados.
Ao igual que analizamos a posibilidade de reservar lotes para Centros Especiais de Emprego e para Empresas de Inserción, tamén no caso de empresas e entidades de economía social, esta é unha opción plenamente legal e recomendable. Ademais, supón o mesmo proceso que cos CEEIS e as EI.
Mostramos como exemplo un prego relativo ao contrato do servizo de axuda a domicilio da Deputación de Cádiz, no que se reserva un lote a empresas e entidades de Economía Social e no que, ademais, se concretan as entidades que poden participar.
+067
NOVOS PUESTOS
+180
USUARIOS
+016
EMPRESAS CONTRATADORAS