1. Concepto e Modalidades
A lexislación de contratos públicos establece dúas modalidades de contratos reservados:
- Para Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social (CEEIS) e Empresas de Inserción Sociolaboral (EIS) conforme a disposición adicional 4ª da Lei de Contratos do Sector Público.
- Para entidades de economía social, conforme a disposición adicional 48ª da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público (LCSP17), podendo neste caso resultar beneficiarias as asociacións, fundacións, cooperativas, sociedades laborais e Centros Ocupacionais, así como os CEEIS e as EIS.
O concepto xurídico é delimitar a participación, o que implica que, unha vez cualificado como reservado un contrato (ou o lote dun contrato), se exclúen as demais empresas ou entidades e, en consecuencia, só poderán participar e resultar adxudicatarias as entidades de economía social (se se alude á disposición adicional 48ª da LCSP17) e os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e as Empresas de Inserción Sociolaboral (se se alude á disposición adicional 4ª da LCSP17).
Persoas axudando a persoas. Esta é a descrición máis breve e precisa dos contratos reservados.
E por esta razón dirixímonos ao persoal técnico e xurídico, e aos cargos públicos das administracións públicas para solicitar un momento de reflexión á hora de licitar un contrato público:
Por que non sinalar nese prego nove sinxelos caracteres? Trátase de engadir R E S E R V A D O
Este sinxelo acto significará a mellora da calidade de vida das persoas máis vulnerables, as que están nunha situación de exclusión social ou en risco de estalo, como, por exemplo, as persoas con discapacidade intelectual ou as mulleres vítimas de violencia de xénero.
Sen dúbida, cualificando unha licitación como reservada contribúese a unha sociedade máis xusta e cohesionada, e facilítase a inclusión social de persoas desfavorecidas do mercado laboral. Non paga a pena un pequeno esforzo?
+067
NOVOS POSTOS
+180
USUARIOS
+016
EMPRESAS CONTRATADORAS