Beneficios para as Administracións Públicas e para a sociedade
Beneficios para las Administraciones públicas y para la sociedad

É imprescindible informar sobre os beneficios económicos que se xeran grazas á contratación destas persoas, así como sobre o impacto que teñen os Centros Especiais de Emprego e as Empresas de Inserción no conxunto da sociedade e nas Administracións Públicas.

Para iso imos expoñer unhas conclusións que resumen os máis avanzados estudos que se realizaron en España.

Para as e os traballadores con discapacidade ou en risco de exclusión.

  • Inserción laboral e inclusión social.
  • Estabilidade laboral e calidade no emprego.
  • Mellora da súa empregabilidade (adquisición de competencias profesionais e sociais).
  • Melloras no seu benestar, autonomía e independencia.
  • Mellora de relacións sociais.
  • Melloras na súa saúde.

Para as familias dos traballadores e traballadoras con discapacidade ou en risco de exclusión:

  • Incremento da súa actividade laboral (posibilidade de incorporarse ao mercado laboral).
  • Mellora do benestar emocional.
  • Mellora das relacións sociais, personais e familiares.

Para a economía:

  • Valor engadido bruto e Produto Interior Bruto
  • Creación de postos de traballo.
  • Emprego paritario entre mulleres e homes.
  • Emprego para persoas vulnerables e desfavorecidas.
  • Devolución de débedas.

Aforro para as Administracións Públicas:

  • Aforro de recursos humanos e programas sociais e asistenciais (rendas básicas, axudas de emerxencias, etc).
  • Aforro de recursos formativos, ocupacións e laborais.
  • Aforro en prestacións laborais e sociais (rendas mínimas).

Ingresos para as Administracións Públicas.

  • IRPF dos e as traballadoras.
  • Impostos indirectos dos e as traballadoras (consumo por IVE).
  • Cotizacións á Seguridade Social de traballadores/as e empresa.
  • Parte da alícuota de impostos, taxas e tributos da empresa.

O TRIPLO BENEFICIO
IMPACTO ECONÓMICO DUN EMPREGO DE INSERCIÓN

Impacto económico por cada emprego de inserción

Importe

Aforro Administracións Públicas por posto 15.478€
Ingresos Administracións Públicas por posto 11.701€
Para as traballadoras/es de inserción 9.817€
Impacto económico nas familias 5.568€
Impacto económico e produtivo 19,569€

Total

62.133€

Aportación económica das AAAPP por posto de inserción 16.561€

RATIO DE RENDIBILIDADE

3,75

Haberá Centros Especiais de Emprego que dean traballo a persoas con discapacidade intelectual severa do 65% e outros que o dean a persoas con discapacidade física do 33%. En función das diferentes características existirán matices e desviacións do cálculo xeral, ben da alza ou á baixa.

Bibliografía sobre os beneficios para as Administracións públicas e a sociedade

Para a obtención de datos e a elaboración de conclusións analizamos os oitos estudos máis completos que hai sobre: o retorno económico xerado polas Empresas de Inserción e os Centros Especiais de Emprego; o impacto positivo da creación dun emprego para unha persoa con discapacidade ou para unha persoa que, por outras circunstancias, sofre ou está en risco de exclusión; a rendibilidade dos contratos reservados; e o retorno fiscal das Empresas de Inserción.

As referencias, ligazóns e principais conclusións dos estudos analizados son as seguintes:

Bibliografía

+067

NOVOS POSTOS

+180

USUARIOS

+016

EMPRESAS CONTRATADORAS