Obxectivos
Objetivos

O noso obxectivo

O noso obxectivo é proporcionar emprego e facilitar a inclusión social das persoas con discapacidade e doutras que, por diferentes circunstancias, tamén sofren ou están en risco de exclusión social.

A importancia e necesidade deste obxectivo evidenciase con estes datos:

  • En España hai dous millóns de persoas en idade laboral con discapacidade. Pero tan só o 34% está traballando ou buscando emprego. Así, a taxa de actividade destas persoas é 41 puntos inferior á da poboación sen discapacidade.
  • A taxa de emprego no colectivo da discapacidade é do 26%, cando a media das persoas sen discapacidade é do 64%.

E como nos recorda CESAGAL, a Asociación de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social de Galicia, o índice de emprego das persoas con problemas de saúde mental é do 16%, o máis baixo dentro do ámbito da discapacidade.

  • A taxa de paro do colectivo con discapacidade é do 22%, frente ao 12% das persoas sen discapacidade.

Para lograr este obxectivo existen tres principais vías: a súa contratación laboral nas empresas privadas, grazas ao emprego protexido (Centros Especiais de Emprego, Empresas de Inserción ou outras entidades sociais) e a través do emprego público (que excede do ámbito deste proxecto).

Ao respecto, é preciso partir dun feito: en 2021 as persoas con discapacidade subscribiron en España 114.315 contratos de traballo, dos que o 75% tivo lugar no ámbito protexido (Centros Especiais de Emprego).

Este dato xustifica a importancia de respaldar e axudar a progresar aos Centros Especiais de Emprego, ás Empresas de Inserción e aos Centros Ocupacionais, pois resultan imprescindibles no emprego e a ocupación das persoas con discapacidade.

+067

NOVOS POSTOS

+180

USUARIOS

+016

EMPRESAS CONTRATADORAS