Que é AMICOS
Que é AMICOS?
En el año 2000, se creó la Asociación AMICOS, fruto del esfuerzo de un grupo de padres y madres movidos por la necesidad de crear servicios especializados que cubriesen las necesidades de sus hijos e hijas con graves discapacidades intelectuales. AMICOS es una asociación sin ánimo de lucro que tiene como misión generar oportunidades y ofrecer apoyos a los proyectos de vida de las personas con discapacidad intelectual, autismo, síndrome de Down o daño cerebral y sus familias. Es una Asociación de Utilidad Pública (BOE 28 de septiembre del 2006) y es una ONG acreditada por la Fundación Lealtad. ECOBRIGADASPROPERDIS

No ano 2000 creouse a Asociación AMICOS, froito do esforzo un grupo de pais e nais movidos pola necesidade de crear servizos especializados que cubrisen as necesidades dos seus fillos e fillas con graves discapacidades intelectuais.

AMICOS é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como misión xerar oportunidades e ofrecer apoios aos proxectos de vida das persoas con discapacidade intelectual, autismo, síndrome de Down ou dano cerebral e as súas familias. É unha Asociación de Utilidade Pública (BOE 28 de setembro do 2006) e é unha ONG acreditada pola Fundación Lealtad.

 

ECOBRIGADAS
PROPERDIS

A nosa historia
2000
AMICOS foi creado no ano 2000 por un grupo de pais e nais motivados pola necesidade de crear un centro que atendera profesionalmente as necesidades dos seus fillos e fillas con discapacidade intelectual severa. Así, tras anos de xestións, en 2004 abre as súas portas o CENTRO DE DÍA DA ASOCIACIÓN AMICOS, convertíndose no único centro homologado pola Consellería de familia da Xunta de Galicia na comarca do Barbanza..
2007
En 2007 puxo en marcha o CENTRO OCUPACIONAL, no que se realizan actividades formativas-laborais para persoas con discapacidade intelectual que lles permitan loitar pola súa inserción social e laboral.
2008
Xa no ano 2008, atendendo as necesidades das familias de persoas con discapacidade menores de idade e á grande demanda de atención directa a este colectivo, AMICOS puxo en marcha un CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL.
2014
Entrando ao ano 2014 vimos a culminación dun dos nosos soños: a apertura do Fogar Amicos para persoas con discapacidade, autismo e dano cerebral para que conten co apoio necesario, tanto eles como as súas familias. A súa culminación non constituirá unha meta, senón un paso máís no largo camiño que ten que recorrer AMICOS, na busca do benestar das persoas con discapacidade intelectual.
Amicos é unha asociación sen ánimo de lucro para a atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise, dano cerebral e as súas familias.
Trátase dunha Organización Non Gubernamental, de natureza fundacional, de interés galego, sen ánimo de lucro, creada en 2006, xorde con personalidade xurídica propia e plena capacidade para obrar.
¿Quieres asesoramiento? Déjanos tu correo.