Definición
As empresas de inserción son iniciativas económicas de carácter non lucrativo cuxo obxecto social é a inserción sociolaboral de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social, con especiais dificultades para acceder ao mercado de traballo. Levan a cabo un itinerario personalizado de inserción mediante un proceso de aprendizaxe para adquirir habilidades sociais, laborais, formación básica e cualificación laboral.
Operan en diferentes sectores produtivos, xerando riqueza económica na comunidade, cun compromiso absoluto co desenvolvemento local, a cohesión social e a sostenibilidade.
Datos
España 220 EMPRESAS DE INSERCIÓN EN ESPAÑA / 11 000 EMPREGO/ 6 228 PERSOAS TRABALLADORAS EN INSERCIÓN.
A Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia informa de que están rexistradas e clasificadas 14 Empresas de Inserción en Galicia.
Regulación
A nivel nacional temos a Lei 44/2007, de 13 de Decembro, para a regulación do réxime das Empresas de Inserción; tamén hai numerosa regulación autonómica específica.
Ademais, en Galicia rexe o Decreto 156/2007, de 19 de xullo, polo que se regula o procedemento para a calificación das empresas de inserción laboral, créase o seu rexistro administrativo e establécense as medidas para o fomento da inserción sociolaboral.
Requisitos
- Estar participadas polo menos do 51% do capital social por unha organización social ou entidade sen ánimo de lucro.
- Ter entre o seu persoal unha porcentaxe entre o 30% e o 50% mínimo de persoas en situación ou risco de exclusión social.
- Aplicar polo menos o 80% dos resultados ou os excedentes dispoñibles obtidos en cada exercicio económico á mellora ou ampliación das estruturas produtivas e de inserción.
Persoas destinatarias da inserción sociolaboral
Perceptoras de rendas mínimas de inserción; mozos e mozas procedentes de institucións de protección de menores; persoas con problemas de drogodependencia en proceso de rehabilitación; internos de centros penitenciarios cuxa situación lles permita acceder a un emprego; persoas procedentes de centros de aloxamento ou de servizos de prevención e inserción social.
Estas persoas só poden permanecer tres anos máximo nas Empresas de Inserción, xa que o obxectivo é capacitalas para o mercado laboral ordinario e, polo tanto, para que consigan a súa independencia.
Ubicaciones
+067
NOVOS POSTOS
+180
USUARIOS
+016
EMPRESAS CONTRATADORAS