Definición
Os Centros Especiais de Emprego son empresas cuxo obxectivo prioritario é promover o emprego a traballadores e a traballadoras con discapacidade.
Son estruturas mercantís que compiten no mercado e que ademais promoven a inclusión social de persoas con discapacidade a través da inserción laboral.
O emprego estable e remunerado facilita a independencia económica dos seus traballadores e das súas traballadoras e incide moi positivamente nas súas posibilidades de integración social e na súa autoestima pois, ademais de garantir emprego e formación, os Centros Especiais de Emprego proporciónanlles apoio permanente na súa vida persoal e social.
Datos
España 757 CENTROS ESPECIAIS DE EMPREGO DE INICIATIVA SOCIAL / 37 687 EMPLEOS / 32 411 PERSOAS TRABALLADORAS CON DISCAPACIDADE.
A Conselleria de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia informa de que están rexistrados e clasificados 50 Centros Especiais de Emprego de iniciativa social en Galicia.
Regulación
Real Decreto Lexislativo 1/2013, Texto Refundido da Lei Xeral de Dereitos das Persoas con Discapacidade e a súa Inclusión Social. Real Decreto 2273/1985, de 4 de decembro, polo que se aproba o Regulamento dos Centros Especiais de Emprego. Disposición adicional 14ª da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
En Galicia rexe ademais o Decreto 200/2005, de 7 de xullo, polo que se regula a autorización administrativa e a inscrición no Rexistro Administrativo de Centros Especiais de Emprego de Galicia e a súa organización e funcionamiento.
Requisitos
- Polo menosun 70% do persoal cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
- Deben estar promovidos e participados en máis dun 50%, directa ou indirectamente, por unha ou varias entidades, públicas ou privadas, que non teñan ánimo de lucro ou que teñan recoñecido o seu carácter social nos seus estatutos.
- Nos seus estatutos ou no seu acordo social debe figurar a obriga de reinvestir todos os seus beneficios en crear oportunidades de emprego para as persoas con discapacidade e en mellorar a súa competitividade e da súa actividade de economía social.
Persoas destinatarias
Persoas cun grao de discapacidade recoñecido mínimo do 33%.
+067
NOVOS POSTOS
+180
USUARIOS
+016
EMPRESAS CONTRATADORAS