Directorio de entidades →️
Produtos, obras e servizos →️
Testemuños →️
Contratar ou comprar de forma socialmente responsable significa proporcionar emprego e unha vida digna a:
Persoas cualificadas que, por diferentes circunstancias, non teñen as mesmas oportunidades laborais e sofren unha discriminación inxustificada. Trátase de profesionais:
  • Sen suficientes recursos económicos.
  • Que estiveron en prisión ou que aínda o están pero poden acceder a un emprego.
  • Maiores de 45 anos en situación de paro.
  • Procedentes de centros de menores.
  • En rehabilitación por problemas de drogodependencia ou alcohol.
  • Con discapacidade física, psíquica ou sensorial.
Más información →️
Para dar oportunidade a estas persoas debes contactar coas entidades que responden por elas:
  • Empresas de Inserción
  • Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social
  • Centros Ocupacionais
Que debo facer se son...?
Administración Pública
  • Aproba un acordo para reservar unha porcentaxe da contratación anual destinado só a Empresas de Inserción e Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social, tal e como obriga a Lei de Contratos do Sector Públicos.
  • Introduce cláusulas sociais nos pregos das licitacións.
  • Accede a COMO CONTRATAR.
  • Recorda que as entidades públicas non poden reservar contratos aos Centros Ocupacionais.
Empresa privada ou particular
  • Accede á lista de produtos, obras e servizos e ponte en contacto coa empresa que te interese.
  • Entra no noso directorio de entidades para saber que entidades traballan preto de ti.
  • Podes contratar a Empresas de Inserción, Centros Ocupacionais e Centros de Emprego de Iniciativa Social.
Os beneficios son incuestionables
DIGNIFICA a homes e mulleres en situación ou risco de exclusión social
Estas persoas son formadas, supervisadas e empregadas polas Empresas de Inserción, os Centros Ocupacionais e os Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social. Contratar estas entidades é vital para proporcionar unha vida digna a quenes máis o necesitan.
AFORRA diñeiro á sociedade e xera ingresos ás arcas públicas.
As persoas en exclusión social ou en risco de estalo que conseguen a inserción laboral, deixan de utilizar recursos asistenciais públicos, pagan taxas e impostos e, ademais, cotizan á Seguridade Social.
Necesitas asesoramento?