Definición
Denomínase economía social ao conxunto das actividades económicas e empresariais que no ámbito privado levan a cabo aquelas entidades que perseguen, ben o interés colectivo dos seus integrantes, ben o interés xeral económico ou social, ou ambos.
As entidades da economía social actúan en base aos seguintes principios orientadores:
- Primacía das persoas e do fin social sobre o capital. Isto concrétase nunha xestión autónoma, transparente, democrática e participativa que prioriza a toma de decisións en función das persoas e as súas aportacións de traballo e servizos prestados á entidade ou en función do fin social. Polo tanto, non se priorizan as súas aportacións ao capital social.
- Aplicación dos resultados obtidos da actividade económica principalmente en función do traballo aportado e servizo ou actividade realizada polas socias e os socios ou polos seus membros e, no seu caso, ao fin social obxecto da entidade.
- Promoción da solidariedade interna e coa sociedade que favoreza o compromiso co desenvolvemento local, a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, a cohesión social, a inserción de persoas en risco de exclusión social, a xeración de emprego estable e de calidade, a conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a sostenibilidade.
- Independencia respecto aos poderes públicos
- Compromiso co territorio fronte á despoboación e ao avellentamento do medio rural galego, apostando pola estabilidade e o futuro.
- Fortalecemento da democracia institucional e económica.
Datos
En Galicia, a Consellería de Emprego e Igualdade informa do seguinte número de entidades e empresas de economía social:
1 618 cooperativas. Ver mapa e listado.
7 351 asociacións. Ver listado.
1 434 sociedades laborais. Ver listado.
Regulación
Normativa Estatal: Lei 5/2011, de 29 de marzo, de Economía Social
Normativa Autonómica: Lei 6/2016, de 4 de maio, de Economía Social de Galicia.
Entidades que forman parte da economía social
Forman parte da economía social as cooperativas, as mutualidades, as fundacións e as asociacións que leven a cabo actividade económica, as sociedades laborais, as empresas de inserción, os Centros Especiais de Emprego, as confrarías de pescadores, as sociedades agratias de transformación e as entidades singulares creadas por normas específicas que se rexan polos principios da economía social.
As entidades que integran a economía social de Galicia son:
- Sociedades cooperativas de Galicia – Rexistro de sociedades cooperativas
As cooperativas son asociacións de persoas que se reúnen voluntariamente para realizar actividades económicas e sociais de interese común a través dunha empresa de propiedade conxunta e de xestión democrática.
- Mutualidades – Rexistro de mutualidades
As mutualidades son sociedades de persoas sen ánimo de lucro con estrutura e xestión democráticas que desenvolven unha actividade aseguradora voluntaria e complentaria ao sistema de pensións da Seguridade Social.
- Fundacións e asociacións que desenvolven actividade económica – Rexistro de asociacións e Rexistro de fundacións
As fundacións son aquelas entidades sen ánimo de lucro que por vontade dos seus creadores destinaron permanentemente o seu patrimonio á realización de fins de interese xeral.
As asociacións son agrupacións de persoas formadas para realizar actividades colectivas estables, democráticamente organizadas e sen fins de lucro.
- Sociedades laborais – Rexistro de sociedades laborais
As sociedades laborais son sociedades de carácter mercantil, sociedades anónimas ou sociedades de responsabilidade limitada que teñen un capital social pertencente á maioría dos seus socios traballadores.
- Empresas de inserción – Rexistro de empresas de inserción
As Empresas de Inserción defínense como estruturas de aprendizaxe, de carácter mercantil, que teñen por obxecto facilitar o acceso ao emprego aos colectivos desfavorecidos mediante o desenvolvemento dunha actividade produtiva. Para logralo deseñan un proceso de inserción durante o cal se establece unha relación laboral convencional.
- Centros especiais de emprego – Rexistro de centros especiais de emprego
Os Centros Especiais de Emprego son aqueles que realizan traballos produtivos co obxectivo de integrar ás persoas con discapacidade no réxime normal de traballo de forma que lles aseguren un emprego remunerado. Ademais, estes centros prestan servizos de acompañamento, formación ocupacional, prelaboral e social que requiren estas persoas.
- Confrarías de Pescadores – Rexistro de Confrarías de Pescadores
Son sociedades anónimas sectoriais sen ánimo de lucro representativas dos intereses económicos dos armadores de embarcacións pesqueiras e dos traballadores do sector extractivo, cuxa xestión debe satisfacer as necesidades e intereses dos seus socios co compromiso de contribuír ao desenvolvemento local, á cohesión social e á sostenibilidade.
- Sociedades de transformación agraria – Rexistro de sociedades de transformación agraria
Son sociedades civís de obxecto económico-social para a produción, transformación e comercialización de produtos agrícolas, gandeiros ou forestais; para a realización de melloras no medio rural; para a promoción e o desenvolvemento agrario; así como para a prestación de servizos comúns que sirvan a ese fin económico e social.
- Comunidades e mancomunidades forestais veciñais – Rexistro de mancomunidades de montes veciñais
Son entidades formadas por grupos de veciños para o aproveitamento de territorios forestais comunais. Algúns dos seus obxectivos son: mellorar a explotación forestal, coidar a biomasa e compatibilizar a actividade coa gandeiría.
Personas destinatarias
Personas en edad laboral con un grado de discapacidad reconocido mínimo del 33% que no puedan integrarse en una empresa ordinaria o en un Centro Especial de Empleo.
Deben disponer de una resolución motivada de un equipo multiprofesional sobre la necesidad de integración en un Centro Ocupacional por no ser posible en una Empresa de Inserción o en un Centro Especial de Empleo.
Ubicaciones
+067
NOVOS POSTOS
+180
USUARIOS
+016
EMPRESAS CONTRATADORAS