Tipos de Cláusulas
Os contratos resrevados conforman un sistema específico para promover o emprego de persoas con discapacidade ou con outros problemas de exclusión e para facilitar o sustento e a carga de traballo dos Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social e das Empresas de Inserción, así como das entidades e empresas de economía social.
Non obstante, determinadas prestacións ou licitacións non son susceptibles de ser calificadas como reservadas ou, aínda resultando idóneas, non existe unha vontade de facelo.
Para estes supostos pódese valorar ou obrigar a levar a cabo unha das seguintes alternativas:
- Subcontratar parte da prestación do orzamento cunha Empresa de Inserción ou un Centro Especial de Emprego de Iniciativa Social, ou ben cunha entidade de economía social.
- Empregar para a execución do contrato a persoas con discapacidade ou con outros problemas de exclusión social.
Pero como se poden executar esas dúas alternativas con garantía xurídica?
- Establecendo criterios de adxudicación nos pregos (o que supón a asignación de puntos ás empresas licitadoras).
- Establecendo unha condición especial de especial de execución nos prego (o que supón unha obriga inexcusable en fase de execución do contrato pola empresa adxudicataria).
Ambas opcións están expresamente previstas e detalladas na LCSP17.
Os criterios de adxudicación están regulados no artigo 145 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, o cal se refire de maneira explícita a valorar a subcontratación con Centros Especiais de Emprego ou Empresas de Inserción, así como á integración social de persoas con discapacidade ou membros de grupos vulnerables e á inserción sociolaboral de persoas con discapacidade ou con outros problemas de exclusión social.
Artigo 145. Requisitos e clases de criterios de adxudicación do contrato
Á súa vez, as condicións especiais de execución dos contratos están reguladas no artigo 202 da LCSP17 e refírese explícitamente a promover o emprego de persoas con discapacidade ou con outros problemas de exclusión social:
Polo tanto, neste apartado proponse a incorporación nos pregos de criterios de adxudicación ou de condicións especiais de execución para empregar a persoas con discapacidade ou con otros problemas de risco de exclusión social, así como para subcontratar con Empresas de Inserción, Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social ou empresas e entidades de economía social.
Exemplo de prego de subcontratación
Instrución de Contratación Pública Estratéxica e Socialmente Responsable
+067
NOVOS POSTOS
+180
USUARIOS
+016
EMPRESAS CONTRATADORAS