Beneficios para as empresas privadas
Beneficios para las empresas privadas

A inclusión social e a inserción sociolaboral de persoas con discapacidade ou de persoas que sofren outras situacións de exclusión social non constitúe un cometido exclusivo das entidades públicas ou sociais, senón que, por fortuna, son moitas as empresas mercantís comprometidas coa igualdade de oportunidades que proporcionan emprego ás persoas máis desfavorecidas.

Trátase de empresas que exercen un verdadeiro liderado social, creando entornos de traballo diversos e inclusivos. O modelo de empresa que hoxe en día satisfai á cidadanía (e polo tanto aos clientes e consumidores) estase definindo a nivel internacional a través da Responsabilidade Social Corporativa.

E unha das razóns máis evidentes é que a resoponsabilidade social das empresas demostrou as súas múltiples vantaxes, que podemos resumir nos seguintes beneficios a nivel interno e externo:

A nivel externo:

  • Posicionamiento, diferenciación corporativa e mellora da imaxe de marca.
  • Incremento da credibilidade e a notoriedade pública.
  • Captación de novos clientes e acceso a novos segmentos de mercado.
  • Fidelización e identificación dos clientes coa compañía.
  • Mellora de relación co entorno (novas estratexias de comunicación, atracción de medios de comunicación, campañas publicitarias).
  • Incremento da influencia da empresa na sociedade.
  • Mellora das relacións con sindicatos e coas Administracións públicas.
  • Acceso a líderes de opinión que inflúen nas decisións de compra.
  • Cumprimento da lexislación sobre contratación de persoas con discapacidade.
  • Facilidades no acceso á contratación pública.

A nivel interno:

  • Identificación e compromiso dos traballadores e das traballadoras coa empresa.
  • Captación e retención do talento profesional.
  • Mellora do clima laboral, redundado na mellora de produtividade e calidade.
  • Mellora da comunicación interna.
  • Fomento dunha cultura corporativa propia e positiva.
  • Obtención de subvencións, desgravacións e bonificacións fiscais.
  • Valor engadido aos accionistas.

+067

NOVOS POSTOS

+180

USUARIOS

+016

EMPRESAS CONTRATADORAS