PROPERDIS empresa de inserción laboral ten como misión a incorporación ao mercado laboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, proporcionándolles un traballo remunerado e a prestación de servizos de axuste persoal e social, que requiren os traballadores e traballadoras con discapacidade. Así como a formación e o acompañamento necesarios para mellorar as súas condicións de emprego.
Como resultado da aposta de AMICOS pola Economía Social como motor de inclusión, sostenibilidade e xustiza social xorde o proxecto A ECOBRIGADA, na que conviven a Empresa de Inserción Laboral (PROPERDIS) e un proxecto de Formación Profesional Dual innovador e adaptado ás persoas con discapacidade intelectual.
O obxectivo da ECOBRIGADA é ofrecer ás persoas con discapacidade intelectual un Servizo de Vida Independente á vez que enfatiza, promove e pon en valor o rol de contribuír na sociedade destas persoas ao darlles un papel activo na economía a través dun traballo remunerado ao servizo do coidado do medio ambiente e a protección do hábitat e patrimonio cultural.
Os servizos da EcoBrigada son:
- Control e erradicación de especies invasoras en espazos naturais.
- Prantación de especies forestais autóctonas.
- Rozado de camiños e cortalumes.
- Limpeza e recollida de residuos en espazos naturais.
- Xardinería e conservación de montes.
- Construción de invernadoiros e de sistemas de rego.
- Formación e sensibilización ao coidado do medioambiente e protección do hábitat e patrimonio cultural.
Os obxectivos específicos perseguidos son:
- Promover o tratamento integral das necesidades das persoas.
- Mellorar a situación sociolaboral das persoas beneficiarias.
- Mellora da autoestima, motivación e empregabilidade.
- Ser un vehículo económico e social dentro da comarca.
Todos os oservizos que realiza A ECOBRIGADA son executados por traballadores que teñen unha discapacidade igual ou superior ao 33%.