AVISO LEGAL

1. OBXECTO

O presente aviso legal regula o uso e utilización do sitio web https://oficinacontratacionresponsable.com/, do que é titular PROPERDIS, EIL, S.L. (en adiante, O PROPIETARIO DA WEB)

A navegación polo sitio web do PROPIETARIO DA WEB, atribúelle a condición de USUARIO do mesmo e conleva a súa aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das condicións publicadas neste aviso legal, advertindo de que ditas condicións poderán ser modificadas sen notificación previa por parte do PROPIETARIO DA WEB, en cuxo caso se procederá á súa publicación e aviso coa máxima antelación posible.

Por iso é recomendable ler atentamente o seu contido en caso de desexar acceder e facer uso da información e dos servizos ofrecidos dende este sitio web.

O usuario, ademais, obrígase a facer un uso correcto do sitio web de conformidade coas leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente Aviso Legal, e responderase frente ao PROPIETARIO DA WEB ou frente a terceiros, de calquera dano e prexuízo que puideran causarse como consecuencia do incumprimento de dita obriga.

Calquera utilización distinta á autorizada está expresamente prohibida, podendo O PROPIETARIO DA WEB denegar ou retirar o acceso e o seu uso en calquera momento.

2. IDENTIFICACIÓN

O PROPIETARIO DA WEB, en cumprimento da Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico, infórmalle de que:

  • A súa denominación fiscal é: PROPERDIS, EIL, S.L.
  • O seu CIF é: B-70.271.614
  • O seu domicilio social está en: LUGAR COMOXO Nº2 A – 15938 – BOIRO – A CORUÑA
  • REXISTRO ADMINISTRATIVO Nº 66/014/2021/EIL

3. COMUNICACIÓNS

Para comunicarse con nós, poñemos á súa disposición diferentes medios de contacto que detallamos a continuación:

  • Teléfono: 900 909 658
  • Email: INFO@OFICINACONTRATACIONRESPONSABLE.COM

Todas as notificacións e comunicacións entre os usuarios e PROPIETARIO DA WEB consideraranse eficaces, a todos os efectos, cando se realicen a través de calquera medio dos detallados anteriormente.

4. CONDICIÓNS DE ACCESO E UTILIZACIÓN

O sitio web e os seus servizos son de acceso libre e gratuíto. Non obstante, O PROPIETARIO DA WEB pode condicionar a utilización dalgúns dos servizos ofrecidos na súa web á previa cumprimentación do correspondente formulario.

O usuario garante a autenticidade e actualidade de todos aqueles datos que comunique ao PROPIETARIO DA WEB e será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice.

O usuario comprométese expresamente a facer un uso adecuado dos contidos e servizos de PROPIETARIO DA WEB e a non empregalos para, entre outros:

  1. Difundir contidos delictivos, violentos, pornográficos, racistas, xenófobos, ofensivos, de apoloxía do terrorismo ou, en xeral, contrarios á lei ou á orde pública.
  2. Introducir na rede virus informáticos ou realizar actuacións susceptibles de alterar, estropear, interrumpir ou xerar erros ou danos nos documentos electrónicos, datos ou sistemas físicos e lóxicos de PROPIETARIO DA WEB ou de terceiras persoas; así como obstaculizar o acceso doutros usuarios ao sitio web e aos seus servizos mediante o consumo masivo dos recursos informáticos a través dos cales PROPIETARIO DA WEB presta os seus servizos.
  3. Intentar acceder ás contas de correo electrónico doutros usuarios ou a áreas restrinxidas dos sistemas informáticos de PROPIETARIO DA WEB ou de terceiros e, no seu caso, extraer información.
  4. Vulnerar os dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como violar a confidencialidade da información de PROPIETARIO DA WEB ou de terceiros.
  5. Suplantar a identidade de calquera outro usuario.
  6. Reproducir, copiar, distribuír, poñer a disposición de, ou calquera outra forma de comunicación pública, transformar ou modificar os contidos, a menos que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou iso resulte legalmente permitido.
  7. Recabar datos con finalidade publicitaria e de remitir publicidade de calquera clase e comunicacións con fins de venda ou outras de natureza comercial sin que medie a súa previa solicitude ou consentimento.

Todos os contidos do sitio web, como textos, fotografías, gráficos, imaxes, iconos, tecnoloxía, software, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, constitúen unha obra cuxa propiedade pertence a PROPIETARIO DA WEB, sen que poidan entenderse cedidos ao usuario ningún dos dereitos de explotación sobre os mesmos máis alá dos estritamente necesario para o correcto uso da web.

En definitiva, os usuarios que accedan a este sitio web poden visualizar os contidos e efectuar, no seu caso, copias privadas autorizadas sempre que os elementos reproducidos non sexan cedidos posteriormente a terceiros, nin se instalen a servidores conectados a redes, nnin sexan obxecto de ningún tipo de explotación.

Así mesmo, todas as marcas, nomes comerciais ou signos distintivos de calquera clase que aparecen no sitio web son propiedade de PROPIETARIO DA WEB, sin qeu poida entenderse que o uso ou acceso ao mesmo atribúa ao usuario dereito algún sobre os mesmos.

A distribución, modificación, cesión ou comunicación pública dos contidos e calquera outro acto que non fora expresamente autorizado polo titular dos dereitos de explotación quedan prohibidos.

O establecemento dun hiperenlace non implica en ningún caso a existencia de relacións entre PROPIETARIO DA WEB e o propietario do sitio web na que se estableza, nin a aceptación e aprobación por parte de PROPIETARIO DA WEB dos seus contidos e servizos.

PROPIETARIO DA WEB non se responsabiliza do uso que cada usuario lles dea aos materiais postos a disposición neste sitio web nin das actuacións que realice en base aos mesmos.

  • EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E DE RESPONSABILIDADE NO ACCESO E A UTILIZACIÓN

O contido do presente sitio web é de carácter xeral e ten unha finalidade meramente informativa, sin que se garanta plenamente o acceso a todos os contidos, nin a súa exhaustividade, correción, vixencia ou actualidade, nin a súa idoneidade ou utilidade para un obxectivo específicos.

PROPIETARIO DA WEB exclúse, ata onde permite o ordenamento xurídico, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza derivados de:

  1. A imposibilidade de acceso ao sitio web ou a falta de veracidade, exactitude, exhaustividade e/ou actualidade dos contidos, así como a existencia de vicios e defectos de toda clase dos contidos transmitidos, difundidos, almacenados, postos a disposición, aos que se lle cedera a través do sitio web ou dos servizos que se ofrecen.
  2. A presenza de virus ou de outros elementos nos contidos que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou datos dos usuarios.
  3. O incumprimento das leis, a boa fe, a orde pública, os usos do tráfico e o presente aviso legal como consecuencia do uso incorrecto do sitio web. En particular, e a modo exemplificativo, PROPIETARIO DA WEB non se fai responsable das actuacións de terceiros que vulneren dereitos de propiedade intelectual e industrial, secretos empresariais, dereitos á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, así como a normativa en amteria de competencia desleal e publicidade ilícita.

Así mesmo, PROPIETARIO DA WEB declina calquera responsabilidade respecto á información que se atope fóra desta web e non sexa xestionada directamente polo noso webmaster. A función das ligazóns que aparecen nesta web é exclusivamente a de informar ao usuario sobre a existencia doutras fontes susceptibles de ampliar os contidos que ofrece este sitio web. PROPIETARIO DA WEB non garante nin se responsabiliza do funcionamento ou accesibilidade dos sitios ligados; nin suxire, invita ou recomenda a visita aos mesmos, polo que tampouco será responsable do resultado obtido. PROPIETARIO DA WEB non se responsabiliza do establecemento de hipervínculos por parte de terceiros.

  • PROCEDEMENTO EN CASO DE REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE CARÁCTER ILÍCITO

No caso de que calquera usuario ou un terceiro considere que existen feitos ou circunstancias que revelen o carácter ilícito da utilización de calquera contido e/ou da realización de calquera actividade nas páxinas web incluídas ou accesibles a través do sitio web, deberá enviar unha notificacion a PROPIETARIO DA WEB identificándose debidamente e especificando as supostas infraccións.

  • PUBLICACIÓNS

A información administrativa facilitada a través do sitio web non sustitúe a publicidade legal das leis, normativas, plans, disposicións xerais e actos que teñan que ser publicados formalmente aos diarios oficiais das adminsitracións públicas, que constitúen o único instrumento que dá fe da súa autenticidade e contido. A información dispoñible neste sitio web debe entenderse como unha guía sen propósito de validez legal.

5. LEXISLACIÓN APLICABLE

As condicións presentes rexiranse pola lexislación española vixente.

As linguas empregadas serán o Galego / Castelán.